RBTGX

Reserva da Biosfera Tranfronteriza Gêres-Xurés

A Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (RBTGX) foi declarada o 27 de maio de 2009, pola UNESCO, e está situada na Comunidade Autónoma de Galicia (España) e a Regiâo Norte (Portugal). Cunha área de 267.958 ha, de territorio protexido en dous espazos naturais divididos polas fronteiras, pero unidos polas características da natureza e a cultura onde a fronteira abraza os mapas de Galicia e Portugal, as serras recortan o horizonte celeste coas cores do granito. Ao redor deste núcleo rochoso, que brota en cumes con erosión de séculos, botou raíces un bosque inmenso: Atlántico pola humidade, mediterráneo por temperatura e semialpino pola altitude. É unha das reservas transfronteirizas maiores da Unión Europea.

Máis información

QUE E?


A Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês – Xurés foi aprobada o 26 de maio de 2009 polo Consello Internacional de Coordinación do Programa MaB (Home e Biosfera) da UNESCO, reunido en Jeju (Corea do Sur) e xa forma parte da Rede Mundial de Reservas da Biosfera.

RELEVO

No relevo destaca a presenza das serras, a paisaxe montañosa alcanza a súa cota máxima nos altos de Nevosa (1556 m) e Fontefría (1559 m). Unha sucesión de serras, como a Serra do Xurés, Sierra do Quinxo, Santa Eufemia, Pisco, Leboreiro, Mourela, Peneda, Soajo, Amarela ou a Serra de Pena de cuxas cumes baixan multitude de ríos novos que verten as súas augas ao río Caldo e Salas, afluentes do río Limia, que nos seus percorridos configuran unha espectacular paisaxe.

A REDE HIDROGRÁFICA

En xeral, a rede hidrográfica é nova e está encaixada en vales estreitos e profundos describindo traxectorias practicamente rectilíneas, excepto nas zonas de cabeceira con gran poder erosivo, aínda que as concas de recepción atópanse moi compartimentadas sendo de pequeno tamaño. Os principais cursos fluviais que discorren pola Reserva da Biosfera son: Limia, Salas, Caldo e Castro Laboreiro, Vez, Homen e Cávado.

VALORES NATURAIS

Nesta rexión pódense atopar especies de flora que varían desde aquelas que son características de zonas mediterráneas e subtropicales, até as que predominan en zonas euro-siberianas e alpinas. así como especies endémicas como o Lirio do Xurés (Iris Boissieri), a timelea (Tymelea broterana) ou a armeria (Armeria humillis Subs. Humillis). A diversidade de hábitats, a variada flora, e a fisiografía singular da RBTGX permiten reunir neste territorio condiciones favorables para a manutención dunha gran diversidade de fauna. (Lobo, corzo, morcegos, marta, víboras, garrano,). No territorio están identificadas 147 especies de aves, moitas das cales son migratorias. Destacan, polo seu status de conservación, ou pola súa reducida área de distribución na península ibérica o Aguila real, a choia piquirroja, o Bufo Real, e o falcón abelleiro.

VALORES CULTURAIS

Na nova concepción, que gaña terreo día a día en canto aos obxectivos xerais que debe alcanzar calquera espazo natural protexido, a sustentabilidade considérase hoxe un obxectivo básico a ter en conta en calquera planificación a desenvolver. Calquera acción de conservación e defensa da natureza nestas áreas debe complementarse coa posta en marcha de accións para a mellora da calidade de vida dos seus moradores, axudando á fixación da poboación, a procura de novas alternativas, a conservación dos núcleos rurais históricos, a defensa e conservación do patrimonio histórico-artístico e xenético, a preservación da paisaxe e da biodiversidade resultante da acción do home sobre estes ecosistemas, ou a elevación do grao de autoestima e a concienciación da poboación local pola defensa do seu patrimonio natural e cultural, entre moitos outros.

O Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

Onde a fronteira abraza os mapas de Galicia e Portugal, as serras recortan o horizonte celeste coas cores do granito.

Mapa Turístico


Planea a túa viaxe. Descarga o mapa para atopar, as reservas naturais, aloxamentos, restaurantes, actividades e moito máis.

DESCARGA O MAPA
PAISES
CONCELLOS
HA
Privacy Settings
We use cookies to enhance your experience while using our website. If you are using our Services via a browser you can restrict, block or remove cookies through your web browser settings. We also use content and scripts from third parties that may use tracking technologies. You can selectively provide your consent below to allow such third party embeds. For complete information about the cookies we use, data we collect and how we process them, please check our Privacy Policy
Youtube
Consent to display content from Youtube
Vimeo
Consent to display content from Vimeo
Google Maps
Consent to display content from Google